O Servizo Universitario de Residencias abre o prazo de inscrición sen as prazas de Cadarso

O Servizo Universitario de Residencias (SUR) acaba de facer pública esta mañá a convocatoria de prazas de aloxamento para o curso 2009/2010. A principal novidade que presenta a respecto doutros anos é a ausencia das habitacións correspondentes ao Colexio Maior Rodríguez Cadarso. A partir do vindeiro curso, o histórico edificio do campus sur ficará pechado para afrontar unhas obras que lle permitan adaptarse á normativa en materia de seguridade. Segundo declarou a directora do CM San Clamente, Sandra Fernández Prado, decidiuse acometer a remodelación a raíz dunha análise que se fixo cunha OHSAS 18001 que detectou unha serie de anomalías "como que hai unha cociña subterránea, ao carón dunha caldeira de calefacción, dunha sala de informática e dunha lavandería", e que supón un perigo para os e as residentes.


Ver C. M. Rodríguez Cadarso nun mapa máis grande

As persoas que até o momento estaban a vivir no CM Rodríguez Cadarso serán recolocadas noutra das residencias do SUR e terán máxima prioridade á hora de elixir.



Aínda que o colexio xa non abrirá no vindeiro curso, aínda non hai ningunha data oficial para o comezo das obras de remodelación, polo que non é posíbel estimar canto tempo vai pasar antes de que o Colexio Maior Rodríguez Cadarso reabra as súas portas.

0 comentarios:

Publicar un comentario